Cargando...

Información sobre adiccións

  • Inicio
  • Información sobre adiccións

A ADICCIÓN pode definirse como unha enfermidade crónica tratable que involucra interaccións complexas entre os circuítos cerebrais, a xenética, o medio ambiente e as experiencias de vida dun individuo.

As persoas con adicción consomen substancias ou adoptan comportamentos que se volven compulsivos e, a miúdo, continúan a pesar das consecuencias daniñas.

Os esforzos de prevención e os enfoques de tratamento para a adicción son xeralmente tan exitosos como os doutras enfermidades crónicas.

(American Society of Addiction Medicine, 2019)

Para PROFUNDAR no concepto de adicción, podes consultar as seguintes publicacións:


O diagnóstico dun TRASTORNO POR USO DE SUBSTANCIAS baséase na identificación dun patrón patolóxico de comportamento no que continúase utilizando unha substancia a pesar de experimentar problemas significativos relacionados co seu uso. Hai 11 criterios, divididos en catro categorías:

1. Control deficitario

  • Consumo de grandes cantidades de substancia ou que o fai durante un tempo máis prolongado do previsto.
  • Desexos insistentes de deixar ou regular o seu consumo e relata esforzos errados por diminuír ou abandonar este.
  • Investimento de gran parte do tempo tentando conseguir a droga, consumíndoa ou recuperándose.
  • Desexo intenso de consumo.

2. Deterioración social

  • O consumo recorrente pode levar ao incumprimento de deberes nos ámbitos académicos, laborais ou domésticos.
  • Pode seguir consumindo a pesar dos problemas recorrentes ou persistentes na esfera social ou interpersoal causados ou exacerbados polos efectos do consumo.
  • Redúcense ou abandónanse importantes actividades sociais, ocupacionais ou recreativas debido ao consumo de substancias.

3. Consumo de risco

  • Pode producirse un consumo recorrente da substancia mesmo en situacións nas que provoca un risco físico.
  • A persoa consome de forma continuada a pesar de saber que padece un problema físico ou psíquico recorrente ou persistente que probablemente se poida orixinar ou exacerbar polo devandito consumo.

4. Criterio farmacolóxico

  • Tolerancia: necesítase aumentar de maneira progresiva a dose dun fármaco para producir intoxicación ou o efecto desexado, ou o efecto dunha dose determinada diminúe co paso do tempo
  • Abstinencia: efectos físicos indesexables cando se detén o consumo do fármaco ou cando o seu efecto é contrarrestado por un antagonista específico.

As persoas que cumpren 2 ou máis destes criterios, nun período de 12 meses, considérase que teñen un trastorno por uso de substancias.

A gravidade do trastorno de uso de substancias determínase polo número de síntomas: leve (2 a 3 criterios), moderado (4 a 5 criterios), grave: (6 ou máis criterios)

O diagnóstico dun TRASTORNO POR XOGO teñe en conta a existencia dun patrón de xogo problemático persistente e recorrente, que provoca unha deterioración ou malestar clinicamente significativo e maniféstase porque o individuo presenta catro (ou máis) dos seguintes criterios durante un período de 12 meses:

  • Necesidade de apostar cantidades de diñeiro cada vez maiores para conseguir a excitación desexada.
  • Está nervioso ou irritado cando tenta reducir ou abandonar o xogo.
  • Fixo esforzos repetidos para controlar, reducir ou abandonar o xogo, sempre sen éxito.
  • A miúdo ten a mente ocupada nas apostas (p. ex. revivindo continuamente coa imaxinación experiencias de apostas pasadas, condicionando ou planificando a súa próxima aposta, pensando en formas de conseguir diñeiro para apostar).
  • A miúdo aposta cando sente desasosego (p. ex. desamparo, culpabilidade, ansiedade, depresión).
  • Despois de perder diñeiro nas apostas, adoita volver outro día para tentar gañar (“recuperar” as perdas).
  • Mente para ocultar o seu grao de implicación no xogo.
  • Puxo en  peligro ou perdeu unha relación importante, un emprego ou unha carreira académica ou profesional a causa do xogo.
  • Conta cos demais para que lle dean diñeiro para aliviar a súa situación financeira desesperada provocada polo xogo.

OUTROS COMPORTAMENTOS ADICTIVOS:

O TRASTORNO POR USO DE VIDEOXOGOS defínese como un patrón de comportamento de xogo (“xogo dixital” ou “videoxogo”) caracterizado por un control deficiente sobre o xogo, aumentando a prioridade dada ao xogo sobre outras actividades na medida en que o xogo ten prioridade sobre outros intereses e actividades diarias, xunto á continuación do xogo a pesar da ocorrencia de consecuencias negativas. Para que se diagnostique o trastorno por uso de videoxogos, o patrón de comportamento debe ser o suficientemente severo como para provocar unha deterioración significativa nas áreas persoais, familiares, sociais, educativas, ocupacionais ou outras áreas importantes de funcionamento e, normalmente, sería evidente durante polo menos 12 meses.

O USO COMPULSIVO DA INTERNET é un fenómeno crecente do noso tempo que se dá, sobre todo, nos grupos máis novos. Nos últimos anos, o uso problemático da internet transcendeu a consideración de trastorno do control de impulsos para encadrarse nas adiccións comportamentais, aceptando que ten unha base común co resto de condutas  adictivas.

Podes consultar INFORMACIÓN MÁIS DETALLADA sobre substancias e outras adiccións nas seguintes ligazóns: