Os obxectivos xerais e específicos da oficina do PLDA son:
  • Apoio técnico (apoio técnico a entidades do PLDA, publicacións e materiais técnicos, accións formativas e de investigación)
  • Coordinación (canalizar información de interese, promover converxencia de criterios, xestionar actividade ordinaria de órganos colexiados de participación, secretaría técnica)
  • Promoción e divulgación (materiais sobre actividade do PLDA, participación comunitaria, mellora dos recursos técnicos e financeiros)
  • Equipo de prevención.
 
A prevención é unha área prioritaria da oficina técnica do PLDA, cuxas funcións xerais neste ámbito son:
  • Observatorio permanente da realidade
  • Participación e coordinación entre entidades do PLDA
  • Coordinación institucional
  • Implantación de programas integrados
  • Equipo de prevención.
 
Para o desenvolvemento das súas funcións como equipo de prevención, a oficina do PLDA encárgase de xestionar os programas de prevención de condutas adictivas do Concello de Vigo, cos obxectivos específicos de:
  • Detectar necesidades de intervención
  • Deseñar e elaborar programa de prevención
  • Difundir a oferta preventiva
  • Distribuír e coordinar a execución de programas
  • Avaliar resultados.