Iniciou o seu funcionamento en decembro do ano 2.012 e está adscrito á Concellería de Política Social. Coa posta en marcha deste centro, o Concello de Vigo dotou a cidade dun servizo integral de atención para dar cobertura a un amplo abanico de actuacións que inclúen dende o traballo na rúa, con persoas en situación de grave exclusión social e sen fogar, ata intervencións con persoas aloxadas no piso de transición, que se atopan nun proceso de inserción socio-laboral.